sábado, 17 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS !!!!


Holaaaa blogueros sabedes que pasa hoxe ?? É o día das LETRAS GALEGAS e por iso neste blog imos celebralo falando en galego e explicando esta data tan especial !!!


Este ano as LETRAS GALEGAS están dedicadas a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO ;)







Hoxe Sabado , 17 de Maio é o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" , é festivo en Galicia .

 Con este día intentase homenaxear as persoas que destacaron pola súa  creación literaria no idioma galego e pola súa defensa .

 O día 17 escolleuse porque ese mesmo día , no ano 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar de  " CANTARES GALEGOS " de ROSALÍA DE CASTRO que foi o que marcou o renacemento cultural galego.

Este ano 2014 , dedicase  a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, autor do poemario NIMBOS (1961) quen a pesar de falar catorce idiomas sempre defendeu o galego .



 


Un dos seus poemas , " PENÉLOPE " que esta no seu poemario "NIMBOS " .


"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"





Aquí os deixo un ENLACE onde fala de XOSÉ MARÍA DÍAS CASTRO e logo hai uns pasatempos que estan moi ben ! ANIMADEVOS! .






Espero que os haya gustado , besos ;)





No hay comentarios:

Publicar un comentario